InicioM.ambiente e PatrimonioMoitas dúbidas sobre o proxecto da Praia do Altar que podería modificar...

Moitas dúbidas sobre o proxecto da Praia do Altar que podería modificar as correntes e o estuario do Masna

Os concellos de Foz e Barreiros e distintas entidades socias da comarca amosan as súas reticencias a este proxecto e piden xuntarse coa subdelegada do goberno.

Publicada o

- Advertisement -

O proxecto de Estabilización da Praia do Altar e do seu Estudo de Impacto Ambiental non acaba de convencer aos concellos de Foz nin ao de Barreiros, ademais de asociacións coma A Ribeira de Foz.

De feito, Foz procedeu á contratación dunha consultora de enxeñaría civil especializada en enxeñería marítima, portuaria e costeira – Aquática Enxeñería – para o estudo e alegacións deste proxecto. “Preocúpanos o impacto e as consecuencias que un proxecto desta envergadura poida levar aparelladas nos cambios das correntes e na nosa ría”, dixo o rexedor, Fran Cajoto que pediu unha xuntanza coa subdelegada do Goberno.

E non é o único. Tamén a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, reclamou xuntarse con ela e informou en pleno municipal dos traballos realizados nas últimas semanas a respecto do proxecto publicado a primeiros de mes para a estabilización da praia de Altar.

Desde este concello manifestan que nestas semanas estiveron mantendo xuntanzas e conversas con distintos actores, tanto a nivel técnico como institucional, co fin de “facernos unha composición de lugar da solución proposta e as consecuencias futuras das decisións que se adopten.”

De feito, na solución a este problema hai moitos actores implicados; Costas do Estado, Concello de Barreiros, Concello de Foz, Club Náutico, Asociación A Ribeira, colectivos de surfistas e outros deportes.

OUTRAS ALTERNATIVAS

Nas distintas conversas mantidas nestes días, trasladouse tanto por parte da Dirección Xeral de Costas como pola Subdelegación do Goberno, a total disposición a escoitar o sentir dos gobernos municipais. Por iso, os dous concellos queren trasladarlle á subdelegada a consideración de estudar a aplicación doutras alternativas, sendo conscientes de que a solución mellor valorada tecnicamente no seu conxunto é a presentada no proxecto sometido a exposición pública neste momento.

“Do que se trata é de valorar o resultado final en ponderación coas actuacións a realizar; sendo conscientes de que calquera opción que se escolla ten consecuencias sobre o conxunto do estuario e, en particular, sobre o areal de Altar, incluída a opción de non levar a cabo ningunha actuación”, apuntou Ana Ermida.

“Estamos preocupados polo impacto que o proxecto poda ter e as súas consecuencias nunha ría que sufriu moitas alteracións ao longo do tempo. Unha solución dura, como o espigón que se contempla, non nos parece axeitada para un entorno de tanto valor paisaxístico e medioambiental como a praia do Altar e a ría de Foz”, dixo Fran Cajoto. Por iso, decidiu acudir ao asesoramento dunha consultora especializada “que ten os coñecementos, medios e capacidades para estudar o proxecto e analizalo en profundidade”.

IMPACTO NO ESTUARIO DO MASNA

Pola súa banda, desde A Ribeira de Foz tamén amosan as súas inquedanza que, din, tería “un impacto totalmente descoñecido no estuario do Masma”. “O estuario do Masma xa está mui deteriorado e malogrado por mor de  moitas das actuacións que se fixeron con anterioridade, e consideramos que conservación do estuario ten que estar garantizada en calquera das actuacións que podan ter un impacto sobre o mesmo”, apuntaron nun comunicado.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...